Presentación
Viveiro acolleu esta mañá a presentación da Volta Ciclista a Galicia - Camiños Xacobeos

O vivairense teatro Pastor Díaz acolleu este luns a presentación da Volta Ciclista a Galicia - Camiños Xacobeos, nun acto no que se desvelou o trazado dunha rolda que comezará en Viveiro o vindeiro mércores día 04 de xuño, para rematar na mesma localidade o domingo 08.

Entre tantas, un percorrido de 682 kms dividido en cinco tiradas nas que se ascenderán un total de 13 portos puntuables de montaña.

A edición de 2008 presentase coa novidade de ter a saída e chegada de etapa en localidades distintas dando así unha maior cobertura o territorio galego, percorrendo as catro provincias.

O acto asistiron Dna. Anxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, D. Melchor Roel, Alcalde de Viveiro; D. Sabino Cortizo, Presidente da Federación Galega de Ciclismo; D. Fernado Varela, Tenente Alcalde de Ourense;  Dna. Toñi Queimaños, Concelleira de Deportes de Cangas; Carmen García, Concelleira de Deportes de Sarria; integrantes do Karpin Galicia, así como presidentes e directores deportivos de varios clubes galegos.

A Volta contará cunha participación de 126 corredores repartidos en 18 equipos que tinguiran de cor as estradas galegas, de eles, 6 equipos galegos Cidade de Lugo, Cambre-Frisonoble, Luís Ocaña-Cymasa, Spol-Caixanova, Supermercados Froiz e Vigues-Chint Autronic, os portugueses Maia-Mss, Sta. Mª da Feira-Eleclerq e os nacionais Cafe Baque, Camargo-Ferroatlantica, Cosaor-Costa Azahar, Ciudad de Oviedo – Tartiere Auto, Naturgas Energia, Viña Magna. (a espera de cerrar a participación dos equipos restantes) 

Etapas:

1ª Mercores 04/06/08 Viveiro-Sarria 148 kms.

2ª Xoves 05/06/08 Sarria-Ourense 143 kms.

3ª Venres 06/06/08 Ourense-Moaña 132 kms.

4ª Sábado 07/06/08 Cangas-Santa Comba 131 kms.

5ª Domingo 08/06/08 Vilalba-Viveiro 128 kms.