|
O ARXENTINO MARCOS FLORES PRIMEIRO LÍDER DA VOLTA TRAS LEVARSE UN APRETADO SPRINT. O corredor arxentino do Cidade de Oviedo Marcos Fabián Flores converteuse no primeiro líder da Volta a Galicia despois de imporse nun apretado sprint ó venezolano do Spol Caixanova José Ramos e ó levantino do Club Ciclista Vigués Chint Autronic, José Luis Ruiz Cubillo.
Houbo que agardar ó último kilómetro da primeira etapa da Volta para coñecer o desenlace da mesma, porque a historia do día apuntaba a outro final ben diferente. Coa saída de Vivero sempre picando cara arriba na busca do primeiro alto da xornada, o porto da Gañidoira, formouse unha fuga que a piques estivo de chegar en solitario ata a liña de meta de Sarria. Nun primeiro intre saltaron catorce unidades, que pronto quedaron en doce ciclistas, e que se repartiron o protagonismo da xornada e os puntos en xogo ó longo do día. Por diante dous portos de montaña máis e outras tanta metas voantes que facían presaxiar a victoria de algún destes madrugadores aventureiros tal e como se foron dando as cousas. Pero despois de cen kilómetros de bo entendemento diante, a cercanía do final da etapa provocou os primeiros ataques na cabeza da proba e tamén o traballo duro na vangarda do pelotón para tratar de reducir os catro minutos de vantaxe que tiñan os fuxidos a trinta kilómetros do desenlace. O bo traballo de varios equipos, especialmente do cidade de Lugo, marcaron o fin da intentona practicamente coa victoria da etapa e o liderato da xeral en xogo. A ducia de corredores foron caendo ante a marcha de pelotón prácticamente ó mesmo ritmo que se cubrían os dez últimos kilómetros da etapa. Dentro dos mil metros definitivos inda o corredor do Super Froiz Óscar García Casarrubios apretaba os dentes para tratar de non ter traballado en balde ó longo do día, pero a marcha por detrás era endiañada, tanto que no sprint chegaron con opcións unha boa presa de ciclistas, pero só os tres máis fortes foron quen de dar pedaladas ata poder erguer os brazos en sinal de victoria. Foi o que fixo o xoven arxentino Marcos Fabián Ramos. O de Jujui levouse deste xeito os maiores recoñecementos do día. A xeral da regularidade, a clasificación sub 23, a etapa e, sobre todo, a xeral individual, teñen dende hoxe, na Volta a Galicia, acento arxentino. Ramos locerá mañá a súa camisola de novo polas rúas de Sarria, punto de inicio da segunda tirada. Coas clasificacións tan apretadas seguro que en Ourense se vai vivir de novo un desenlace tan frenético como o que tivo o comezo desta Volta a Galicia 2008. PELÍCULA ETAPA 1 Viveiro – Sarria 04/06/08 148 Km. PREVIO: A localidade lucense de Viveiro acolle a saída da Volta Ciclista a Galicia, Camiños Xacobeos, Gran Premio Fundación Deporte Galego. Viveiro é protagonista nesta volta como lugar de saida da primeira etapa e coa chegada da derradeira o vindeiro domingo, con cinco tiradas intermedias. O protagonismo a localidade vivariense ven dado polo vintecinco aniversario do Clube Ciclista da vila costeira. PREVIO: Ceos cubertos é temperatura agradable dan a benvida ós corredores chamados ó control de firmas nos xardíns Noriega Varela. PREVIO: Quince equipos de sete corredores están chamados a tomar a saída na proba. Seis destes conxuntos son galegos, catro portugueses e un americano, o Johan Bruyneel Cycling Team. A variedade internacional da proba póñena trinta e un ciclistas portugueses, seis norteamericanos, tres arxentinos, e unidades representativas de Venezuela, Rusia, Italia, Holanda e Bélxica. O total de ciclistas galegos é de vintetrés. O Club Ciclista Cambre Frisonoble dirixido por AGUSTÍN ARES participa cos seus sete integrantes da nosa comunidade autónoma. PREVIO: Viveiro xa foi o pasado ano final de etapa da Volta a Galicia e punto de saida da terceira etapa da Volta a España. Esta afeción polo ciclismo déixase notar na masiva presencia de vivarienses nas beirarrúas, moitos deles mozos e mozas coas suas bicicletas. PREVIO: Todos os ciclistas pasan polo control de firmas e pousan detrás das autoridedes no protocolario corte de cinta que pon en marcha esta edición da Volta. Nese acto están presentes Dona María Loureiro, tenente de Alcalde do concello de Viveiro, D. Jesús Fernández Cal, concelleiro de deportes, Don Sabino Cortizo, presidente da Federación Galega de Ciclismo e Don Marcos Serrano, relacións públicas desta Volta. NEUTRALIZADO: Ás dúas en punto da tarde comeza o percorrido neutralizado polas rúas de Viveiro. O grupo de cento cinco corredores pasa dúas veces polas pontes que cruzan a ría ante a atenta mirada dos viveirenses. KM. 000: Os ciclistas pasan baixo o punto de saida real lanzada ás dúas e seis minutos da tarde. KM. 001: Comeza a Volta e comenzan os ataques. O primeiro é do belga 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team que colle uns segundos de vantaxe sobre 144 JORGE SILVA Maia. KM. 002: A vantaxe de VAN VOOREN sobre SILVA é de 10”. O pelotón a 25”. KM. 004: Fórmase xunto con SILVA un grupo ponte neutralizado rápidamente polo pelotón que perde 15” con 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team. KM. 006: O segundo intento dun grupo ponte fructifica. Fórmase en cabeza un pelotón de 14 unidades: 3 RAÚL GARCÍA DE MATEOS 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz 15 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa 31 VIRGILIO NIEVES CC Vigués Chint Autronic 62 IVÁN TRECEÑO 63 MIHEL GUERRERO Ciudad de Oviedo 81 IBON LAVIN Naturgas 91 DIEGO RODRÍGUEZ 94 JUAN FRANCÉS 95 ILDEFONSO SÁNCHEZ Urnieta 104 MARCO COELHO Santa María da Feira 113 TIAGO DIAS Tavira Palmeiras Resort 131 STEVEN VAN VOOREN 136 DAVID NELSON Johan Bruyneel Cycling Team. KM. 008: A vantaxe dos catorce de cabeza é de 55”. A temperatura de 17 graos. Caen unhas pingas de choiva. O firme está en perfecto estado tralas obras que o pasado ano si afectaron ós ciclistas na subida ó alto da Gañidoira. A saida de Viveiro é constantemente en subida. KM. 010: Queda descolgado 91 DIEGO RODRÍGUEZ Urnieta. KM. 012: A diferencia entre a cabeza e o pelotón é de 1’12”. Outro corredor perde o ritmo dos de arriba: 62 IVÁN TRECEÑO Ciudad de Oviedo. KM. 018: O grupo de cabeza, agora formado por doce unidades ten unha vantaxe de 1’18”. KM. 023: PORTO DE MONTAÑA. 2ª CATEGORÍA. ALTO DA GAÑIDOIRA Os escapados coroan con 2’20” de vantaxe. A orde de paso: 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team 003 RAÚL GARCÍA DE MATEOS Froiz 031 VIRGILIO NIEVES CC Vigués Chint Autronic 015 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa KM. 027: Primeiro abandono da Volta a Galicia. Baixa da Bicicleta: 25 LUIS FILIPE BOMPASTOR Spol Caixanova. A vantaxe diante mantense en 2’6”. KM. 032: As diferencias diminúen. Oscilan entre ó 1’35’’ e o 1’40’’. KM. 035: Complétase a primeira hora da Volta. A media de velocidade é de 34’9 Km / h. KM. 040: Sen trocos na situación de carreira. A vantaxe volta a situarse no entorno dos 2 minutos. KM. 041: Os corredores comezan a pedir asistencia dos vehículos. Entre eles o líder do Cambre Frisonoble 41 BORJA CALVIÑO. KM. 045: Mantense a vantaxe: 2’05’’. KM. 050: Sen cambios na carreira, queda aberto o control de abastecemento líquido. KM. 051: META VOANTE. VILALBA. A meta voante queda anulada por un erro de coordinación na dirección de paso da caravana pola localidade lucense. O paso por Vilalba a vantaxe é de 2’10’’. KM. 055: Segundo abandono da volta: 97 MIKEL OLANO Urbieta deixa ó seu equipo con seis. KM. 056: 2’32”. A vantaxe sigue aumentando. KM. 060: Fórmase un grupo intermedio de dúas unidades. 34 PEDRO GREGORI CC Vigués Chint Autronic e 43 JUAN FERNÁNDEZ Cambre Frisonoble. Rodan a 2’20” dos de diante e con vinte segundos de vantaxe con respecto ó pelotón. KM. 065: No pelotón traballa diante o Cidade de Lugo KM. 070: Co paso dos kilómetros as diferencias fluctúan. Agora mesmo 2’40” sobre os dous corredores que fan de ponte e 4’40” co pelotón. KM. 087: META VOANTE. MEIRA A expectación en Meira é importante para ver o paso dos corredores na segunda meta voante da xornada. 104 MARCO COELHO Santa María da Feira 113 TIAGO DIAS Tavira Palmeiras Resort 003 RAÚL GARCÍA DE MATEOS Froiz KM. 094: Na subida a Valonga son neutralizados os dous corredores intermedios polo pelotón 34 PEDRO GREGORI CC Vigués Chint Autronic e 43 JUAN FERNÁNDEZ Cambre Frisonoble. A pesar disto a vantaxe dos fuxidos segue en aumento KM. 098: PORTO DE MONTAÑA. 3ª CATEGORÍA. ALTO DE VALONGA Cunha vantaxe de 4’12” e algo desmigallados coroan os de adiante. 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team 031 VIRGILIO NIEVES CC Vigués Chint Autronic 003 RAÚL GARCÍA DE MATEOS Froiz KM. 100: Tiran do pelotón para reducir diferencias LA Trevomar e Cidade de Lugo KM. 103: Parece que o traballo funciona: 3’35’’ última referencia. KM. 105: Despois dun cento de kilómetros traballando xuntos ráchase o entendemento diante. Atacan 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz 15 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa e 94 JUAN FRANCÉS Urnieta. KM. 107: FRANCÉS no pode co ritmo diante e cae co grupo dos outros nove fuxidos. KM.110: Prodúcense ataques no segundo grupo de dez. 45” separan ós dous de arriba dos seus ex compañeiros de aventura. KM.113: PORTO DE MONTAÑA. 2ª CATEGORÍA. ALTO DA VAQUERIZA. Nos últimos tres kilómetros de ascensión o grupo de cabeza desfíxose definitivamente. Os dous líderes neste momento coroan con 3’30’’ con respecto ó pelotón. 015 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa 006 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz 50” 031 VIRGILIO NIEVES CC Vigués Chint Autronic 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team KM. 118: Camiño de Castroverde reagrúpanse parte dos corredores de cabeza de carreira. Seguen arriba 15 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa e 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz, a 1’15” un grupo de oito. A 1’50” 113 TIAGO DIAS Tavira Palmeiras Resort e 136 DAVID NELSON Johan Bruyneel Cycling Team. O pelotón trnasita a 3’28’’ cando a caravana comeza a recorrer o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela, un dos itinerarios desta Volta a Galicia Camiños Xacobeos. KM. 125: A carreira vaise rachando con oscilacións mínimas nas diferencias dos dous primeiros, cos oito perseguedores e o Pelotón. KM. 135: As referencias varían para ben do Pelotón. Seguen diante 15 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa e 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz, a 1’32” 3 RAÚL GARCÍA DE MATEOS Froiz 31 VIRGILIO NIEVES CC Vigués Chint Autronic 63 MIHEL GUERRERO Ciudad de Oviedo 81 IBON LAVIN Naturgas 94 JUAN FRANCÉS 95 ILDEFONSO SÁNCHEZ Urnieta 104 MARCO COELHO Santa María da Feira e 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team. 113 TIAGO DIAS Tavira Palmeiras Resort e 136 DAVID NELSON Johan Bruyneel Cycling Team son neutralizados polo pelotón que transita a 2’28”. KM. 138: As diferencias empezan a caer prácticamente ó mesmo ritmo que os kilómetros. KM. 141: 15 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa e 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz teñen 1’20” sobre o grupo de oito corredores e 2’ de vantaxe con respecto ó pelotón. KM. 144: No grupo intermedio, ante a cercanía do pelotón, atacan 3 RAÚL GARCÍA DE MATEOS Froiz e 31 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel Cycling Team. Están a 44” dos dous de diante e teñen un minuto sobre un pelotón que vai neutralizando ós seis ciclistas que inda permanecían como ponte. Tiran no pelotón os portugueses de Santa María da Feira. KM. 146: A pesares de tantos kilómetros en fuga común ninguén coñece a ninguén. 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz deixa de roda a 15 ÁLVARO ARGIRÓ Cymasa que non tarda en ser absorvido por un pelotón que roda a unha velocidade endiañada cara Sarria. KM. 147: 6 ÓSCAR GARCÍA CASARRUBIOS Froiz inda cre nas posibilidades de chegar en solitario pero a súa vantaxe cae por debaixo dos dez segundos dentro do último kilómetro. Ó sprint masivo e casi inevitable. KM.148 META. SARRIA. Sprint lanzado nas ateigadas rúas de Sarria para ver a chegada da primeira etapa da Volta. O máis forte, eso día a foto finish, e o arxentino de Ciudad de Oviedo MARCOS FABIÁN FLORES, que se impón ó venezolano do Spol Caixanova JOSÉ RAMOS e ó valenciano do CC Vigués Chint Autronic JOSÉ LUIS RUIZ CUBILLO. O xoven ciclista de Jujui convertese coa súa victoria no primeiro líder da Volta. LÍDER CAMISOLA AMARELA FUNDACIÓN D.G. 067 MARCOS FABIAN FLORES Ciudad de Oviedo MONTAÑA CAMISOLA VERDE CAIXANOVA 131 STEVEN VAN VOOREN Johan Bruyneel METAS VOANTES CAMISOLA BRANCA LEASE PLAN 104 MARCO COELHO Santa María da Feira REGULARIDADE CAMISOLA NEGRA POWERADE 067 MARCOS FABIAN FLORES Ciudad de Oviedo SUB – 23 CAMISOLA AZUL F. GALEGA C. 067 MARCOS FABIAN FLORES Ciudad de Oviedo MELLOR GALEGO CAMISOLA AZUL D.X. DEPORTE 052 XOSE ANTÓN CEREZO Cidade de Lugo
|