ETAPA 1

MONFORTE - MONFORTE (CRE) - 2017

O Supermercados Froiz vence a contrarreloxo de Monforte e coloca a Martín Lestido como primeiro líder da Volta Ciclista a Galicia

Coa ausencia a última hora da Fundación Euskadi, foron dezasete as formacións que tomaron a saída na primeira  xornada da XVI Volta Ciclista a Galicia, unha cronometrada por equipos de 10,2 quilómetros con saída e chegada fronte aos Escolapios de Monforte.

Durante moitos minutos foron os portugueses do Liberty os que marcaron o mellor tempo na  meta cun rexistro de 12:22. Sen embargo os principais favoritos, Froiz e Rías Baixas aínda estaban por chegar. A formación alimenticia parou o crono en 12:15 mentras o Rías Baixas pechou a crono a 6 segundos do equipo que dirixe Evaristo Portela.

Na chegada a meta o padronés  Martín Lestido acadou a primeira camisola amarela da Volta e a de primeiro galego. O seu compañeiro David González resultou o primeiro sub23 da Volta.

No acto protocolario de imposición de maillot estiveron presentes o alcalde de Monforte,  José Tomé;  o deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o ciclista profesional Gustavo Veloso. 

Este venres terá  lugar a segunda etapa con saída e chegada en Monforte, primeira tirada en liña de 143 km.

Grabación do directo

Maillots

Lider Metas Voantes -- Lider Metas Voantes
Concello de Monforte
Primer Galego Clasificado Martín Lestido Rey - SUPERMERCADOS FROIZ Primer Galego Clasificado
Anova
Lider Xeral Martín Lestido Rey - SUPERMERCADOS FROIZ Lider da clasificación Xeral
Xunta de Galicia
Lider da Montaña -- Lider da Montaña
Telefurgo
Líder Sub-23 David González López - SUPERMERCADOS FROIZ Líder Sub-23
B the travel brand

Clasificacións

Descargar Aquí