ETAPA 2

SANXENXO - SANXENXO - 2018

VITORIA DE ANGULO (RIAS BAIXAS) EN SANXENXO E LIDERADO PARA VEIGA (FROIZ) TRAS A SEGUNDA ETAPA DA VOLTA

O conxunto galego do Rías Baixas logrou en Sanxenxo a súa primeira vitoria na Volta a Galicia co triunfo de Antonio Angulo. O ciclista cántabro foi o máis rápido entre o grupo de apenas quince corredores que sobreviviron ao porto da Escusa, unha primeira categoría que se cobrou ao líder da carreira, unha camisola amarela “Xunta de Galicia” que segue en poder do Froiz, aínda que agora en mans do Campión de España Sergio Veiga. 

A etapa con saída e chegada en Sanxenxo e 148 quilómetros de percorrido estaba considerada como a raíña desta edición da Volta. Os compoñente do Froiz, lideres tras a crono do primeiro día, tentaron exercer o control desde os primeiros instantes. A primeira fuga de entidade saltaba ao primeiro de vez e foron oito ciclistas cos galegos José Luis Mariño (Cambre) e Iñigo Rodríguez (Aldro) ademais de Lopes (Guerciotti), Mirafuentes (Gomur), Silva ( Maia), Segovia e Raeymaekers (Kuota) e Bennassar (Polartec). Este grupo chegou a ter 2:55 de vantaxe. 

A dureza do trazado na súa parte final foi demasiada para a aventura dunha fuga que xa na subida a Armenteira ía perdendo unidades ata que foron absorbidos cando se coroaba o Alto do Busto de segunda categoría. Sen apenas tempo para a recuperación, os ciclistas enfrontáronse entón ás ramplas da Escusa, o porto máis alto desta edición da Volta a Galicia, unha primeira categoría cuxa dureza facía para que o pelotón se fraccionase completamente. 

Na cima coroaba un grupo de quince elixidos entre os que xa non estaba o líder e que rodaba camiño de Sanxenxo con máis de dous minutos sobre o pelotón. Desta cabeza de carreira tentaron irse Piasetski (Kuota), Angulo (Rías Baixas) e De Mateos (Cortizo Anova) pero os seus compañeiros de foxen evitárono.

Na meta da praia de Sanxenxo, triunfo final do “Chava” Angulo por diante de Raúl García de Mateos (Cortizo Anova) E Sergio Veiga (Froiz) que se converte no novo líder da Volta. O seu compañeiro no conxunto pontevedres, Martín Lestido acaba a xornada como segundo na xeral co mesmo tempo e se enfunda a camisola azul “Norinver” de primeiro galego. O gañador da Volta a Galicia 2016, Samuel Branco (Cortizo Anova) é o novo líder “Anova” da Montaña e Iñigo Elosegui (Lizarte) líder “ B the Travel” sub 23.

TERCEIRA ETAPA EN BOIRO 

Este sábado chegará a quenda para a terceira etapa de Boiro, unha xornada moi especial para o director deportivo do Cortizo Anova, Xesús Blanco Villar a quen a Volta dedica esta edición como homenaxe ao seu gran pasado como ciclista. Por esta razón o percorrido pasará por Rois, localidade natal do homenaxeado ademais de tocar Padrón, sede do club que dirixe. Branco Villar é, xunto con Marcos Serrano, o único corredor que logrou vencer na rolda por etapas galega como deportista e como Director deportivo. 

A de Boiro será a xornada máis longa das catro que compoñen a Volta a Galicia con 150 quilómetros de distancia e un percorrido que discorre por por a contorna das Rías de Arousa e Muros. Os ciclistas pelexarán as metas volantes de Portosín, no quilómetro 40 e Padrón no 85 ademais de afrontar tres portos de montaña: o de Confurco en dúas ocasións, ao paso polos quilómetros 53 e 132 e o de Moimenta no quilómetro 121.

A Volta chegará ao seu fin na localidade lucense de Monforte de Lemos, sede da etapa inaugural da pasada edición e cuxa repercusión animo ao Concello e á Deputación de Lugo a concretar a presenza da rolda galega na capital da Ribeira Sacra ademais de comprometer a súa achega para tocar terras lucenses na próxima edición.

Grabación do directo

Maillots

Lider Metas Voantes Jacobo Rodríguez - MAIA Lider Metas Voantes
Compostela Motor
Primer Galego Clasificado Martín Lestido Rey - SUPERMERCADOS FROIZ Primer Galego Clasificado
NorInver
Lider Xeral Sergio Vega Merodio - SUPERMERCADOS FROIZ Lider da clasificación Xeral
Xunta de Galicia
Lider da Montaña Samuel Blanco Prol - PADRONES ALUMINIOS CORTIZO Lider da Montaña
ANOVA
Líder Sub-23 Iñigo Elosegui Momeñe - LIZARTE Líder Sub-23
B The Travel Brand

Clasificacións

Descargar Aquí