Estás vendo a información da XV Volta Ciclista a Galicia do 2016. Para ver a última volta, preme aquí
ETAPA 1

NOIA - PORTUS APOSTOLI - 2016

O AMPO impúxose na contrarreloxo por equipos inicial da Volta a Galicia

O conxunto gañador da última edición comezou con éxito a súa defensa do título. O AMPO foi o bloque máis forte na contrarreloxo por equipos coa que se iniciou a Volta Ciclista a Galicia na localidade coruñesa de Noia. Os corredores da formación vasca marcaron un tempo de 16 minutos e 53 segundos nos 14,5 kilómetros de percorrido e superaron a dúas estruturas galegas, ao Supermercados Froiz en 11 segundos e ao Club Ciclista Rías Baixas en 18”, que ocuparon a segunda e a terceira posición, respectivamente. Alex Unzueta enfundouse a primeira camisola de líder.
O ano pasado o AMPO logrou a vitoria na xeral final da rolda galega con Aitor González, actualmente no campo profesional co Euskadi Basque Country Murias. Nesta ocasión presentou unha aliñación formada por Mikel Elorza, Illart Zuazubiskar, Peio Goikoetxea, Asier Unanue, Josu Urrestarazu, Unai Orbea e Unzueta. Estes sete corredores foron os únicos capaces de parar o reloxo por debaixo dos 17 minutos.
O desenlace desta contrarreloxo resultou emocionante porque os tres últimos equipos en tomar a saída obtiveron os tres mellores rexistros. Ata ese momento, o tempo de referencia establecérao o Liberty Seguros-Carglass portugués con 17:24. O Supermercados Froiz rebaixouno en 20 segundos e a continuación o Club Ciclista Rías Baixas quedouse a sete segundos do conxunto de Pontevedra dirixido por Evaristo Portela. Só restaba por completar a súa participación o AMPO, que se presentou en meta con catro ciclistas e un crono de 16:53.
O Top-10 desta primeira etapa completárono o RH Polartec-Fundación Contador, quinto a 41”; o Moreira Congelados, sexto a 49”; o Padronés-Aluminios Cortizo, sétimo a 58”; o Gomur-Liébana 2017 oitavo a un minuto; o Cambre-Renault Caeiro, noveno a un minuto e dous segundos; e o Kuota-Construcciones Paulino, décimo a un minuto e seis segundos. A vantaxe acadada polo AMPO pode resultar importante nunha volta con moita media montaña, pero sen ningún final en alto.

Segunda etapa


Unzueta, que na xeral está igualado cos seus compañeiros Goikoetxea, Unanue e Zuazubiskar, porá en xogo o seu maillot amarelo este xoves na segunda etapa, a primeira en liña, que volverá ter Noia como saída e meta. A partir das 14:00 horas, os 124 corredores que compoñen o pelotón desta rolda afrontarán 130,5 kilómetros de percorrido coa única ascensión puntuable do Alto do Hospital (km.76), de 2ª categoría, e as Metas Volantes de Muros (km. 29) e A Picota (km.87) como os outros puntos quentes da xornada. A chegada está prevista en torno ás 17:00 horas.

Resumo da Etapa

Grabación do directo

Maillots

Lider Metas Voantes -- Lider Metas Voantes
AON
Primer Galego Clasificado Sergio Miguez Bello - Supermercados Froiz Primer Galego Clasificado
ANOVA
Lider Xeral Alex Unzueta - AMPO Lider da clasificación Xeral
Xunta de Galicia
Lider da Montaña -- Lider da Montaña
Concello de Noia
Líder Sub-23 David Gonzalez - Supermercados Froiz Líder Sub-23
B the travel brand

Clasificacións

Descargar Aquí

Federación Galega de Ciclismo
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Galicia Bo Camiño
Galicia Saudable
Deputación de Lugo
Concello de Noia
Concello de Sarria
Mancomunidade de concellos de Verín
Concello de Verín
Concello de Porriño
Anova Forest & Garden Products
Seguros AON
Barceló Viajes
Cocacola
Bici O Con
Europcar
FROIZ
Bicicletas Rodas