Estás vendo a información da XV Volta Ciclista a Galicia do 2016. Para ver a última volta, preme aquí
ETAPA 2

NOIA - NOIA - 2016

Elorza prolonga a xeira do AMPO e Jurado vístese de líder en Noia

O AMPO tenlle collida a medida á Volta Ciclista a Galicia. Despois de adxudicarse a clasificación xeral o ano pasado e comezar esta edición vencendo na contrarreloxo por equipos, o seu corredor Mikel Elorza levantou os brazos como gañador da segunda xornada con principio e final en Noia. O ciclista guipuscoano foi o máis rápido da fuga de nove corredores que sorprendeu ao pelotón nos últimos 40 kilómetros. A festa non puido ser completa para o AMPO, que perdeu a camisola amarela. O novo líder é o manchego Marcos Jurado (Supermercados Froiz).
Os 130 kilómetros tiveron un inicio fulgurante co pelotón rodando a unha velocidade media de 44,5 na primeira hora. Carlos Vidal (Muchas-Carnes Parente) pasou en primeira posición pola Meta Volante de Muros (km.29) e a primeira fuga consistente da xornada formouse no kilómetro 50 con oito unidades que chegaron a manexar unha vantaxe de 30 segundos. O gran grupo atrapou a Elorza e Zuazubiskar (AMPO), Nanclares e Mediero (Rías Baixas), González (Autronic), Arozamena (Cambre-Caeiro), Viejo (Gomur) e Rocha (Liberty Seguros) antes das ramplas máis duras do Alto do Hospital.
A única ascensión puntuable da etapa, de segunda categoría, coroouna Linares (Gomur) en primeira posición. A carreira adentrouse un terreo de constantes subidas e baixadas. Piquero (Biclicletas Rodríguez) ocupou a primeira posición na Meta Volante da Picota, un punto quente que foi a antesala do momento clave do día.
A menos de 40 kilómetros para a chegada, saltaron dende o pelotón Blanco (Rías Baixas) e Buhmann (Kuota). A eles uníronse a continuación Elorza, Gregori (Aluminios Cortizo), Jurado, Linares, Díaz (Bicicletas Rodríguez), Sevilla (Polartec) e Crispim (Liberty). Por detrás a persecución asumírona o AMPO e o Club Ciclista Rías Baixas, pero os escapados impuxéronse neste pulso e presentáronse na liña de meta cunha marxe de 1 minuto e 10 segundos para xogarse a vitoria. Elorza superou no sprint a Díaz e a Sevilla.
O gañador da etapa chegou descolgado na contrarreloxo por equipos, polo que Jurado vestiuse de amarelo con 10” de vantaxe sobre Blanco e 25” respecto a Crispim. Na clasificación por equipos domina o AMPO, Linares na da Montaña, Piquero na das Metas Volantes e Blanco na de Sub23 e mellor galego.

Terceira etapa


A caravana da Volta a Galicia desprázase este venres ata Lugo para disputar a etapa Comarcas de Sarria – Sarria. Serán 150 kilómetros con catro altos puntuables, os de San Xoán (km.43, de 2ª), Vilaesteva (km.55, de 2ª), Baralla (km.94, de 3ª) e o de Paradela (km. 136, de 2ª). As Metas Volantes estarán situadas en Samos (km.30) e Láncara (km.79). Unha xornada de media montaña ideal para presenciar ciclismo de ataque.

Resumo da Etapa

Grabación do directo

Maillots

Lider Metas Voantes Ignacio Piquero - BICICLETAS RODRÍGUEZ - EXTREMADURA Lider Metas Voantes
AON
Primer Galego Clasificado Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Primer Galego Clasificado
ANOVA
Lider Xeral Marcos Jurado - SUPERMERCADOS FROIZ Lider da clasificación Xeral
Xunta de Galicia
Lider da Montaña Oscar Linares - GOMUR LIÉBANA 2017 Lider da Montaña
Concello de Noia
Líder Sub-23 Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Líder Sub-23
B the travel brand

Clasificacións

Descargar Aquí

Federación Galega de Ciclismo
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Galicia Bo Camiño
Galicia Saudable
Deputación de Lugo
Concello de Noia
Concello de Sarria
Mancomunidade de concellos de Verín
Concello de Verín
Concello de Porriño
Anova Forest & Garden Products
Seguros AON
Barceló Viajes
Cocacola
Bici O Con
Europcar
FROIZ
Bicicletas Rodas