Estás vendo a información da XV Volta Ciclista a Galicia do 2016. Para ver a última volta, preme aquí
ETAPA 3

SARRIA - SARRIA - 2016

Sevilla rematou en Sarria e Blanco asaltou o liderado

A considerada etapa raíña da Volta Ciclista a Galicia propiciou un novo cambio na primeira posición da xeral. Samuel Blanco (Club Ciclista Rías Baixas) situouse como novo líder tras ser un dos nove corredores que chegou en cabeza á meta de Sarria. O máis rápido dese grupo foi Diego Sevilla (Polartec-Fundación Contador), que se anotou o triunfo parcial nunha xornada na que o portador do maillot amarelo Marcos Jurado (Supermercados Froiz) non aguantou o ritmo dos primeiros no Alto de Paradela, a última ascensión puntuable do día.
Os 150 kilómetros pola provincia de Lugo, con inicio e final en Sarria, presentaban catro portos de montaña e un trazado ideal para emboscadas. O portugués Luis Mendonça (Spol-Concello do Porriño) e o asturiano Sergio Pérez (Kuota-Construcciones Paulino) foron os grandes protagonistas da primeira metade da etapa. Abandonaron o pelotón no kilómetro 16 e acadaron unha vantaxe de tres minutos que lles permitiu pasar ao fronte da carreira polas metas volantes de Samos e Láncara, e polos altos de San Xoán, Vilaesteva e Baralla.
Por detrás, o Club Ciclista Rías Baixas intentou mover a carreira e liderou un quinteto intermedio con Cristian Mota, Jesús Nanclares e Ángel de Julián, que estiveron acompañados por David Francisco (Kuota) e Jesús Montero (Bicicletas Rodríguez). Este grupo foi neutralizado no kilómetro 100 e pouco máis tarde o pelotón tamén absorveu a Mendonça e Pérez. Antes da subida da Paradela houbo varios movementos, pero a carreira decidiuse nas ramplas deste porto de segunda categoría.
O Kuota lanzou por diante a Miguel Burmann e a Elias Tello. Os dous representantes da formación asturiano alcanzaron a cima, ubicada a 14 kilómetros para o final, con 20 segundos de marxe sobre Blanco, Daniel Domínguez (Supermercados Froiz), José Díaz (Bicicletas Rodríguez), Pedro Gregori (Aluminios Cortizo), Gaspar Gonçalves (Liberty Seguros), Sevilla e Diego Noriega (Polartec-Fundación Contador).
Os sete perseguidores atraparon a Burmann e Tello no descenso da Paradela e a vitoria decididiuse nas rúas de Sarria. Sevilla levantou os brazos por diante de Tello e Domínguez. O ciclista do Polartec madrileño quedárase a xornada anterior preto do triunfo ao ser terceiro en Noia. O segundo grupo cruzou na liña de meta a 50 segundos e nel entrou Jurado, que deste xeito cedeu a camisola de líder.
O redondelán Blanco manda agora na xeral con 20 segundos de vantaxe sobre Sevilla e 37 respecto a Gregori. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas tamén é o mellor Sub-23 e o primeiro galego. Ademais, o seu equipo encabeza a táboa por escuadras. No resto de clasificacións, Sergio Pérez é o novo líder da montaña e Luis Mendonça das Metas Volantes.

Cuarta etapa


Este sábado a provincia de Ourense toma o relevo na Volta con 131 kilómetros que arrancarán e rematarán en Verín. O Alto de Vilardevós, de segunda categoría, coroarase a dezaseis kilómetros para o final. Antes, os sobrevivintes nesta rolda tamén terán que superar as subidas puntuables de Alberguería (km.32, de 2ª) e de Cualedro (km.70 de 3ª), mentres que as dúas metas volantes atópanse en Laza (km.19) e Oímbra (km.96).

Resumo da Etapa

Grabación do directo

Maillots

Lider Metas Voantes Luis Mendonça - SPOL CONCELLO DE PORRIÑO Lider Metas Voantes
AON
Primer Galego Clasificado Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Primer Galego Clasificado
ANOVA
Lider Xeral Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Lider da clasificación Xeral
Xunta de Galicia
Lider da Montaña Sergio Perez - KUOTA - CONSTRUCIONES PAULINO - OVIEDO.ES Lider da Montaña
Concello de Noia
Líder Sub-23 Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Líder Sub-23
B the travel brand

Clasificacións

Descargar Aquí

Federación Galega de Ciclismo
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Galicia Bo Camiño
Galicia Saudable
Deputación de Lugo
Concello de Noia
Concello de Sarria
Mancomunidade de concellos de Verín
Concello de Verín
Concello de Porriño
Anova Forest & Garden Products
Seguros AON
Barceló Viajes
Cocacola
Bici O Con
Europcar
FROIZ
Bicicletas Rodas