Estás vendo a información da XV Volta Ciclista a Galicia do 2016. Para ver a última volta, preme aquí
ETAPA 4

VERÍN - VERÍN - 2016

Jurado rexurde en Verín e Blanco continúa líder

Os cinco primeiros clasificados da Volta a Galicia chegan á ultima xornada en menos dun minuto. Samuel Blanco (Club Ciclista Rías Baixas) completou con éxito a súa primeira defensa da camisola de líder e a súa principal amenaza pasa a ser o vencedor en Verín. Marcos Jurado (Supermercados Froiz) anotouse en solitario o triunfo parcial e reivindicouse tras perder o maillot amarelo o día anterior. Agora o manchego sitúase segundo a 23” do redondelán Blanco. Dende o 2009 ningún corredor galego se impuxo na xeral final da gran rolda por etapas da súa terra.
Nos 131,7 kilómetros con saída e chegada en Verín os corredores rebaixaron o horario máis rápido establecido pola organización e rodaron a unha media de 42,5 Km/h. O portugués Luis Mendonça (Spol-Concello do Porriño) comezou a apuntalar o seu liderado nas Metas Volantes ocupando a primeira posición no paso puntuable por Laza (km.19). A continuación estableceuse a primeira fuga da xornada con Sergio Pérez e Elías Tello (Kuota-Construcciones Paulino) y Joao Matías e David González (Supermercados Froiz).
Pérez, líder da Montaña, foi o primeiro no Alto de Alberguería (km.32), de 2ª categoría. Ao cuarteto de cabeza, que manexaba unha vantaxe de 45 segundos, uniríanse Diego Noriega (Polartec-Fundación Contador) e Antonio Angulo e Óscar Linares (Gomur). A falta de entendemento neste grupo provocou que foran neutralizados no kilómetro 40.
O pelotón rodou compacto ata a ascensión de Cualedro (km.70). Nesta subida de terceira categoría dezasete corredores marcháronse por diante, entre eles o líder Blanco, nunha selección na que o Supermercados Froiz contaba con cinco representantes. Pérez volveu ser o primeiro no premio da Montaña e na Meta Volante de Oímbra (km.97) tamén repetía Mendonça.
As ramplas de Vilardevós, coa súa cima a 16 kilómetros da meta, racharon definitivamente a carreira. Miguel Buhmann (Kuota-Construcciones Paulino) e Pedro Gregori (Aluminios Cortizo) foron os primeiros en atacar e con eles conectarían Tello e Daniel Domínguez (Supermercados Froiz). Por detrás, Blanco amosábase sólido e non cedía máis de 25 segundos respecto ao cuarteto que coroaba con Gregori ao fronte.
No descenso as distancias reducíronse e Jurado saltou dende o grupo perseguidor. O manchego contactou coa cabeza e atacou en solitario a falta de cinco kilómetros. Demostrando as súas dotes de contrarreloxista venceu en Verín con 15” de diferencia sobre Mendonça e Tello, que deron tempo a un grupo de nove no que o líder entrou dous segundos cortado

Última etapa


Ao desenlace da Volta, Blanco preséntase cunha marxe de 23” segundos con Jurado, 35” con Gregori, 47” con Buhmann e 58” con Domínguez. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas tamén é o primeiro Sub-23 e o mellor galego. Na clasificación por equipos manda o conxunto asturiano Kuota-Construcciones Paulino, Mendonça na das Metas Volantes e Pérez na da Montaña.
O portador do maillot amarelo defenderá o primeiro posto nas estradas do sur da provincia de Pontevedra polas que habitualmente adestra. A etapa O Porriño-O Porriño de 122,5 kilómetros presenta dúas Metas Volantes, Maceira (km. 74) e Ponteareas (km.96), e catro portos puntuables: Abelenda de 3ª (km. 4,5 e 112,5), Xunqueiras de 2ª (km.44,3) e Estacas de 2ª (km. 61). O bandeirazo de saída está programado para as 10:30 horas e a chegada a partir das 13:20 horas.

Resumo da Etapa

Grabación do directo

Maillots

Lider Metas Voantes Luis Mendonça - SPOL CONCELLO DE PORRIÑO Lider Metas Voantes
AON
Primer Galego Clasificado Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Primer Galego Clasificado
ANOVA
Lider Xeral Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Lider da clasificación Xeral
Xunta de Galicia
Lider da Montaña Sergio Perez - KUOTA - CONSTRUCIONES PAULINO - OVIEDO.ES Lider da Montaña
Concello de Noia
Líder Sub-23 Samuel Blanco - RÍAS BAIXAS Líder Sub-23
B the travel brand

Clasificacións

Descargar Aquí

Federación Galega de Ciclismo
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Galicia Bo Camiño
Galicia Saudable
Deputación de Lugo
Concello de Noia
Concello de Sarria
Mancomunidade de concellos de Verín
Concello de Verín
Concello de Porriño
Anova Forest & Garden Products
Seguros AON
Barceló Viajes
Cocacola
Bici O Con
Europcar
FROIZ
Bicicletas Rodas