OS

SAÚDOS

Darío Campos Conde

Presidente da Deputación de Lugo

Froito do compromiso da Deputación de Lugo con deporte, Lugo acollerá unha nova cita coa bicicleta, na Comarca Terra de Lemos, o vindeiro 14 e 15 de setembro, a primeira e segunda etapa da Volta a Galicia. O pasado ano colaboramos coa Volta a España e coa Volta a Galicia na Comarca sarriana. Agóra tocalle á Monforte de Lemos. Por iso, é para min unha honra dirixirme a vós como Presidente da Deputación e, por extensión, como representante de todos os lucenses, con motivo desta proba deportiva.

En Lugo existe unha forte tradición ciclista. Contamos con 34 clubs no conxunto da provincia e preto de
750 licencias federativas. Deste xeito, en apoio aos profesionais e afeccionados ao ciclismo, dende a Deputación de Lugo non dubidamos en colaborar coa Volta Ciclista a Galicia. Entendemos ademáis que, xunto a súa importancia deportiva, esta cita contribúe á promoción e á dinamización da economía da nosa provincia. Durante a súa celebración, centos de persoas poderán descubrir a riqueza dos Concellos da comarca monfortina polo que transcorrerá, contando ademáis cunha ampla cobertura nos medios de comunicación.

Por todo o dito, só me queda agradecer a todas as persoas que fan posible o paso da Volta a Galicia pola nosa provincia, e desexar que esta nova edición repita o éxito das anteriores. Dende a Deputación, seguiremos apoiando este tipo de iniciativas coas que dar a coñecer moito máis aló das nosas fronteiras, os recursos naturais, patrimoniais, históricos, artísticos ou gastronómicos dos que dispoñemos.