OS

SAÚDOS

Juan Carlos Muñiz Nieto

Presidente da Federación Galega de Ciclismo

A Volta a Galicia significa moito máis que unha carreira para o noso ciclismo. É o gran evento da temporada, unha festa da que queremos facer partícipe a toda a comunidade. Por iso, dende a Federación Galega de Ciclismo preparamos un percorrido que involucre ás catro provincias coa ilusión de achegar a proba ao maior número de afeccionados. Esta é a rolda da súa terra e convidámolos a que gocen da súa XVI edición.
A consolidación desta cita dentro do calendario elite e sub23 ten no apoio das administracións públicas un piar fundamental. Nesta ocasión Monforte, Lalín e Santiago de Compostela abríronnos as súas portas de par en par. Ademais de converterse no escenario dun espectáculo deportivo de primeiro nivel, estes concellos tamén acolle- rán á caravana humana que acompaña aos corredores. Técnicos, auxiliares xuíces árbitros, corpos e forzas de seguridade, persoal da carreira… O retorno da súa aposta está garantido en todos os aspectos.
Do mesmo xeito, destacar a man tendida por parte das fir- mas privadas. Anova, Btravel, Telefurgo, Interflora, empre- sas que comparten e confían nos valores deste deporte. Este ano a Volta rende homenaxe ao galego que chegou máis alto na historia do ciclismo. Na nosa comunidade podemos presumir de ter a un gañador do Tour de Francia. Óscar Pereiro conseguiuno no ano 2006 e o seu soño forxouno a base dos esforzos e sacrificios realiza- dos durante a súa etapa de formación. O mosense máis universal é, pola paixón que sente pola bicicleta, o mellor espello que poden ter hoxe en día os corredores elites e sub-23.
Moitas das máis firmes promesas do campo amateur están presentes nesta carreira, a última da temporada puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo. A relevancia desta proba queda avalada polo feito de que os seus dous últimos gañadores deron o salto ao profesionalismo.
Entre os 18 conxuntos participantes haberá sete galegos: Autronic-Club Ciclista Vigués, Cambre-Renault Caeiro, Club Ciclista Rías Baixas, Cortizo - Anova, Spol-Conce- llo do Porriño, Supermercados Froiz e Guerciotti – Kiwi Atlántico. Aproveito esta oportunidade para agradecer ás firmas que patrocinan a estas estructuras o compromiso que manteñen co ciclismo. Aos equipos do resto de Es- paña e aos estranxeiros dámoslle a benvida. Síntanse en Galicia como na súa casa.
Moita a sorte a todos e que prime a deportividade!