OS

SAÚDOS

José Tomé Roca

Alcalde de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos vivirá a mediados de setembro o inicio da Volta a Galicia. A cidade do Cabe será a
referencia do pelotón español elite e sub23; en concreto, o día 14 a capital da Ribeira Sacra será o escenario da contrarreloxio por equipos inicial da Volta Ciclista a Galicia e ó día seguinte, viviremos a saída e a chegada da segunda etapa. Como Alcalde da cidade, quero manifestar o noso orgullo polo feito de acoller unha das probas deportivas máis importantes e cun número de seguidores tan elevado.

Estou convencido de que todos os monfortinos e monfortinas nos volcaremos para dar a benvida a todos os ciclistas e transmitirlles os nosos mellores ánimos.

O paso da Volta Ciclista a Galicia por Monforte suporá tamén unha magnífica oportunidade para que sexamos partícipes de valores tan importantes e necesarios que leva intrínsecos este deporte, como son o compañeirismo, a constancia, o esforzo e o afán de superación.

O potencial de audiencia da Volta Ciclista a Galicia será un escenario inmellorable para difundir a riqueza paisaxística e cultural de Monforte e de toda a Ribeira Sacra. Por iso, quero animar a todas as persoas que o desexen a vivir en primeira persoa este evento deportivo e que se acheguen á nosa cidade, que está declarada Conxunto Histórico-Artístico, porque ademais aquí atoparán unha rede de museos importante e unha paisaxe de extraordinaria beleza