OS

SAÚDOS

Juan Carlos Muñiz Nieto

Presidente da Federación Galega de Ciclismo

A Volta a Galicia significa moito máis que unha carreira para o noso ciclismo. É o gran evento da temporada, unha festa da que queremos facer partícipe a toda a comunidade. Por iso, dende a Federación Galega de Ciclismo preparamos un percorrido que involucre ás catro provincias coa ilusión de achegar a proba ao maior número de afeccionados. Esta é a rolda da súa terra e convidámolos a que gocen da súa XVII edición.

A consolidación desta cita dentro do calendario elite
e sub23 ten no apoio das administracións públicas un piar fundamental. Nesta ocasión Verin, Sanxenxo, Boiro e Monforte de Lemos abríronnos as súas portas de par en par. Ademais de converterse no escenario dun espectáculo deportivo de primeiro nivel, estes concellos tamén acollerán á caravana humana que acompaña aos corredores. Técnicos, auxiliares xuíces árbitros, corpos e forzas de seguridade, persoal da carreira… O retorno da súa aposta está garantido en todos os aspectos.
Do mesmo xeito, destacar a man tendida por parte das firmas privadas. Anova, Btravel, Norinver, Compostela Motor, Interflora, empresas que comparten e confían nos valores deste deporte.

Este ano a Volta rende homenaxe ao galego que chegou máis alto na historia do ciclismo. Na nosa comunidade podemos presumir de ter grandes ciclistas e grandes persoas que viven e impulsan este maravilloso deporte. Jesus Blanco Villar é un de eses grandes ciclistas e mellores persoas.

Moitas das máis firmes promesas do campo amateur están presentes nesta carreira, a última da temporada puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo. A relevancia desta proba queda avalada polo feito de que os seus dous últimos gañadores deron o salto ao profesionalismo. Entre os 19 conxuntos participantes haberá sete galegos: Autronic-Club Ciclista Vigués, Cambre-Renault Caeiro, Club Ciclista Rías Baixas, Cortizo - Anova, Supermercados Froiz e Guerciotti – Kiwi Atlántico.

Aproveito esta oportunidade para agradecer ás firmas que patrocinan a estas estructuras o compromiso que manteñen co ciclismo. Aos equipos do resto de España e aos estranxeiros dámoslle a benvida. Síntanse en Galicia como na súa casa.
Moita a sorte a todos e que prime a deportividade!