OS

SAÚDOS

Gerardo Seoane Fidalgo

Alcalde de Verín

O día 17 de setembro Verín terá a honra de acoller a terceira etapa da XV EDICIÓN DA VOLTA CICLISTA A GALICIA, que reunirá na nosa comunidade autónoma, durante os días 20 a 23 deste mes, a competidores da máxima categoría de toda España, Portugal e Rusia.
Dende o Concello de Verín somos conscientes do incuestionable valor de promoción turística que ten esta proba deportiva para o municipio de Verín, como vector para transmitir a toda España o noso carácter de territorio moderno aberto ao deporte e á cultura.
Aproveito esta ocasión para facer un chamamento a todos os invitados que recibiremos con ocasión da Volta para que visiten as nosas fontes de augas mineromedicinais, Cabreiroá, Fontenova e Sousas, e coñezan na súa orixe as virtudes destes regalos do interior da nosa terra.
O Concello de Verín e a Concellería de Deportes queren sumarse a esta gran festa do Ciclismo patrocinando esta terceira etapa, e sobre todo felicitar aos organizadores, colaboradores e sobre todo ao voluntariado, que fan posible que o deporte de elite sexa o protagonista durante unha xornada en Verín.
En nome de todos os veciños da nosa vila, deséxolle toda a sorte do mundo aos participantes, esperando que o seu esforzo e preparación sexan recompensados co triunfo, e as mellores xornadas de desfrute a todos os veciños e turistas que elixiron a nosa comarca para gozar da fin deste verán.