OS

SAÚDOS

Telmo Martín González

Alcalde de Sanxenxo

Sanxenxo prepárase para vivir nos próximos días á Volta a Galicia.
Como Alcalde, para o noso municipio é un orgullo acoller unha das etapas que pecha o calendario nacional de ciclismo.
SANXENXO É DEPORTE. Contamos con clubes de diversas disciplinas como piragüismo, judo, tenis e, por suposto, ciclismo. Esta cita é unha oportunidade para descubrir o apaixonante mundo do deporte, cos valores e esforzos que leva consigo o ser deportista.
En nome de todos os veciños e veciñas de Sanxenxo,quero agradecerlle á Federación Galega de Ciclismo o contar co noso concello para a realización dunha das etapas da Volta a Galicia, e desexo que este evento se converta nunha cita consolidada no calendario deportivo local.
Non me queda máis que desexarlle moita sorte aos 19 equipos participantes, e invitar a veciños en visitantes a desfrutar deste espectáculo deportivo.