OS

SAÚDOS

José Tomé Roca

Alcalde de Monforte de Lemos

É un pracer que Monforte de Lemos sexa o punto de saída e meta da 4º etapa da XVIII Volta Ciclista a Galicia, o vindeiro 23 de setembro. Como Alcalde da cidade, quero manifestar a nosa satisfacción polo feito de acoller, por segundo ano consecutivo, unha proba deportiva dunha envergadura como esta, que acumula un elevado número de seguidores, non só na nosa Comunidade, senón tamén no resto de España.
Como xa demostramos o pasado ano, estou convencido de que novamente os monfortinos e monfortinas daremos a benvida, como merecen, a todos os ciclistas, e lles transmitiremos os nosos mellores ánimos.
Dende o Concello de Monforte estamos ultimando tódolos detalles para vivir unha xornada inesquecible e para que nosa cidade presente a súa mellor imaxe. Dende logo, que será unha fermosa experiencia vivir en primeira persoa este evento deportivo dende a nosa cidade, declarada Conxunto Histórico-Artístico, e que posúe unha gran rede de museos así como unha paisaxe de extraordinaria beleza, como é a Ribeira Sacra.
A presencia da Volta Ciclista a Galicia en Monforte suporá tamén unha magnífica oportunidade para que sexamos partícipes de valores tan importantes e necesarios que leva intrínsecos este deporte, como son o compañeirismo, a constancia, o esforzo e o afán de superación.
O potencial de audiencia da Volta Ciclista a Galicia será un escenario inmellorable para difundir a riqueza paisaxística, cultural e monumental de Monforte e de toda a Ribeira Sacra. Animo a todos os que o desexen, que aproveiten o evento deportivo para visitarnos.