OS

SAÚDOS

José Tomé Roca

Presidente da Deputación de Lugo

Un ano máis a Provincia de Lugo ten a honra de pechar a Volta Ciclista a Galicia, unha proba moi apreciada entre os corredores que pon fin ao calendario anual; e entre os afeccionados que ano tras ano achéganse centos ata as estradas galegas para desfrutar das nosas fermosas paisaxes e dunha mostra das novas promesas do ciclismo nunha volta que para moitos suporá un impulso nas súas carreiras cara a profesionalización.
Como Alcalde de Monforte tiven o pracer de acoller en dúas ocasións etapas desta competición, e agora como Presidente da Deputación quero agradecer a Federación Galega a organización desta Volta, o evento ciclista máis grande de Galicia, que une as catro provincias nunha soa proba.
Nesta ocasión os ciclistas percorrerán 150 quilómetros na comarca da Mariña, con saída en Viveiro e meta no Monte de San Roque, una espectacular chegada en alto que fará as delicias dos seguidores das bicicletas polo esforzo que supón e a ilusión coa que a afrontan os deportistas.
A Provincia de Lugo conta con innumerables espazos naturais nos que organizar eventos que unan deporte, turismo e patrimonio, esa é parte da súa diversidade e grandeza. Espero e desexo que esta sexa unha xornada inesquecible, para os corredores, para os afeccionados e para todos os lucenses, que de seguro lles transmitiran o seu apoio aos 126 ciclistas que participan na maioría de idade desta Volta Ciclista a Galicia.