OS

SAÚDOS

Javier Caínzos

Alcalde de Curtis

O Concello de Curtis será o 21 de setembro terceira etapa da XVIII Volta Ciclista a Galicia, o que supón un honra para un municipio como o noso onde o deporte forma parte moi importante das políticas transversais que potenciamos. Tanto é así que entre os nosos Embaixadores Municipais, unha das máximas distincións que concedemos, contamos con grandes deportistas.
Para nós, o impulso das actividades físicas e deportivas é unha aposta en firme para axudar á felicidade dos nosos veciños e veciñas a través da adquisición de hábitos de vida saudable e de valores. Cada ano crecen as nosas Escolas Deportivas para os nenos e nenas e melloramos o noso mapa de recursos vinculados co deporte, buscando a equidade no acceso ás instalacións. Tamén fomentamos actividades físicas para todas as idades e en diversas disciplinas deportivas, entre elas o ciclismo, e logramos que o noso municipio sexa sede de competicións de ámbito galego, o que nos permiten dar a coñecer o mellor do noso concello, a nosa paisaxe, a nosa gastronomía e as nosas xentes.
Nesta terceira etapa, o noso municipio será punto de saída, Teixeiro, e de chegada, Curtis, e entre os dous pobos que lle confiren a vitalidade social e económica ao noso municipio se percorrerán 151 quilómetros, algúns por zonas naturais de montaña e de interior de gran beleza e de divertida orografía que non defraudarán aos corredores.
No municipio de Curtis implicarémonos na organización desta etapa, desde a organización como anfitrións e apoiando e animando como pobo o paso dos corredores, sabedores de que cada un dos deportistas participantes da Volta afrontan un reto persoal pola superación, pero que tamén representan o traballo en equipo. No ciclismo pódese ver de forma nítida como as individualidades adoitan estar sempre en favor do grupo.
Por iso, convídamos aos afeccionados a este deporte que se acheguen ao noso municipio par seguir con nós esta etapa que, seguro, nos dará moitas alegrías.