OS

SAÚDOS

María Loureiro

Alcaldesa de Viveiro

Como Alcaldesa, en nome dos veciños e veciñas de Viveiro, quero saúdar e dar a benvida a deportistas, organizadores, técnicos, informadores e todos cantos forman parte da Volta Ciclista a Galicia.
Viveiro recibirá, o próximo 22 de setembro, a cuarta e última etapa desta importante competición deportiva, na que teremos a oportunidade de demostrar novamente que este é un municipio acolledor e hospitalario, comprometido co deporte e que conta con múltiples atractivos turísticos, entre os que destaca o seu gran patrimonio histórico e natural. Ser o punto de saída e chegada da última etapa, formando unha vez máis parte da historia da Volta Ciclista a Galicia, é unha grande oportunidade para este concello, polo que quero agradecer á organización do evento por brindarnos esta posibilidade.
Espero que todos aqueles que se despracen ata aquí con motivo desta proba teñan entre nós unha estancia agradable na que poidan disfrutar da calidade dos nosos servizos, dunha excelente gastronomía e dos monumentos, paraxes, praias, etc. que fan deste concello un lugar único- e que, por suposto, volvan pronto a visitarnos.
Quero aproveitar a ocasión, así mesmo, para animar a veciños e visitantes para que o 22 de setembro saían á rúa para animar aos ciclistas durante o seu percorrido polo noso concello, que finalizará coa mítica subida ao monte San Roque, un paraxe único para poñer punto e final a esta edición da Volta Ciclista a Galicia.