OS

SAÚDOS

Juán Carlos Muñiz Nieto

Presidente da Federación Galega de Ciclismo

Galicia merece ter unha gran volta e con esa ilusión dende a Federación Galega de Ciclismo preparamos a XV edición da gran rolda da nosa terra. Un dos obxetivos era aumentar o número de etapas e sete anos despois volveranse disputar cinco xornadas. Tamén se conseguiu elaborar un percorrido que levará aos corredores polas catro provincias. Queremos seguir dando pasos nesta dirección, para que toda a comunidade se sinta orgullosa da súa Volta.

Outra boa nova é o número de equipos galegos que estarán na liña de saída. Resulta un orgullo contar con oito estruturas do noso ciclismo, unha máis que o ano pasado, e dende aquí aproveito a ocasión para recoñercer o esforzo dos namorados deste deporte que están detrás de cada un dos proxetos. O Muchas –Carnes Parente é o recén chegado, e súmase a unha consolidada nómina composta polo Autronic-Club Ciclista Vigués, Cambre-Renault Caeiro, Club Ciclista Rías Baixas, Padronés-Aluminios Cortizo, Spol-Concello de Porriño, Supermercados Froiz e Team Guerciotti.

Do resto de España chegarán oito conxuntos e o pelotón complétano dúas escuadras portuguesas. Unha participación que reúne a moitos dos mellores corredores Elite e Sub23 da península ibérica. A todos os ciclistas, técnicos e auxiliares procedentes de fóra de Galicia dámoslle a benvida co desexo de que gocen da competición e de todo o que ofrece esta terra.

O percorrido desta edición busca o espectáculo dende o primeiro día. A Volta arrancará cunha modalidade tan apaixoante como a da contrarreloxo por equipos. Será o apertivo de catro xornadas coa dureza e a emoción que a xeografía galega lle aporta ao ciclismo. Ademáis, en cada unha das etapas a beleza das paisaxes está garantida co encanto de Noia, de Sarria e a súa comarca, de Verín e do Porriño.

Toda esta aposta non sería posible sen o apoio de Concello de Noia, Comarca de Sarria, Concello de Verín, Concello de O Porriño, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia e das firmas privadas Aon, B Travel, Milla sur, Froiz, Rodas, Bici O Con que unha vez máis amosan o seu compromiso con este deporte.

A todos eles, a todos vos, sinceramente grazas.