OS

SAÚDOS

Santiago Freire Abeijón

Alcalde de Noia

Por primeira vez a volta ciclista a Galicia sairá da nosa vila. Todos os noieses estamos orgullosos de poder ser os anfitrións desta proba e poder gozar coas dúas etapas que se celebrarán: contra reloxo por equipos e lineal.

Como Alcalde é unha satisfacción poder fomentar a practica deste deporte e impulsar os valores de superación e compañeirismo que transmite.

Os noieses somos grandes amantes deste deporte e así se pode apreciar nos seus numerosos afeccionados e nos clubs cos que contamos e que nos representan nas diferentes disciplinas.

Quero aproveitar esta oportunidade para, desde o concello, facer a nosa pequena homenaxe á memoria de Alonso Rodríguez, gran ciclista da nosa vila e que sempre nos inspirará cos seus valores.

Agradecer á Federación galega de ciclismo que pensase en Noia como saída da volta ciclista e desexar que esta proba aos poucos convértase nun referente a nivel nacional.