OS

SAÚDOS

María de Pilar López Yañez

Alcaldesa de Sarria

É unha honra para todos os sarrianos ser a partida e a meta dunha etapa de esta XV edición da Volta a Galicia. O feito de que un evento deportivo de este calibre se desenrole no noso concello, que unha volta ciclista percorra as ruas da nosa Vila, non é importante sómentes pola repercusión económica que conleva , senón para nos o máis importante é fomentar nos máis cativos a afición a un deporte, e con el a unha disciplina e o traballo que un deporte como o ciclismo conleva.

Por esta Vila percorren todos os días centos de peregrinos que en bicicleta seguindo o camino Francés chegan a Santiago, esto demostra que ciclismo non é solo un deporte de competición , é un deporte de turismo, de natureza incluso de cultura, por eso a importancia de potenciar e apoiar o máximo esta disciplina deportiva.

Queremos sumarnos e participar activamente como final e principio da etapa da Volta, xa que o ciclismo en Sarria, sempre foi un dos deportes máis importantes, tanto pola fidelidade dos seus seguidores como pola cantidade de deportistas implicados. Non tan sólo en ciclismo de carreiras senón en outras modalidades como é o enduro e o descenso urbano.

Aproveito esta ocasión que se me brinda, para agradecer aos organizadores da Volta Ciclista a Galicia o pensar na Comarca de Sarria para o seu percorrido por etapas e animalos a seguir pensando en nós sempre que queiran, pois estaremos encantados de acollelos nesta vosa vila de Sarria.