SAMUEL BLANCO PROL

O ciclista de Chapela é o noso homenaxeado nesta edición da Volta a Galicia 2025.
Samuel Blanco deixou o ciclismo a comenzos deste ano 2025, tras rematar a derradeira aventura no ciclismo profesional portugues no equipo Tavira, o que chegou tras proclamarse campión de España Élite no ano 2020.
Blanco pechou así unha carreira de máis dunha década no ciclismo, na que competiu como profesional en dúas etapas diferentes. A última, xa mencionada, foi co Tavira, Portugal, entre 2021 e 2024. Anteriormente defendera as cores do Aluminios Metalusa, tamén do país veciño, pero a súa desaparición obrigouno a reclasificarse como Élite. Volveu ao Vigo-Rías Baixas, con que xa conquistara a Volta a Galicia anos atrás, e despois fichou polo Súper Froiz, co que gañou o mencionado Campionato de España de Elite de 2020 nunha memorable carreira en Xaén celebrada en plena pandemia.
PALMARÉS
2016 Campión de Galicia en estrada
1º Volta a Galicia
1º Gran Premio Cidade de Vigo
2019 Campión de Galicia contrareloxo
2º Volta a Vetusta
2020 Campión de España en estrada Élite
Campión de Galicia contrareloxo



EQUIPOS
2013 Autronic-C.C.Vigues (ESP)
2014 Supermercados Froiz (ESP)
2015 Supermercados Froiz (ESP)
2016 CC Rías Baixas (ESP)
2017 LA Alumínios-Metalusa-BlackJack (POR). UCI Continental
2018 Cortizo - Anova (ESP)
2019 Vigo - Rías Baixas (ESP)
2020 Super Froiz (ESP)
2021 Atum General - Tavira (POR). UCI Continental
2022 Atum General - Tavira - AP Maria Nova Hotel (POR). UCI Continental
2023 AP Hotels & Resorts - Tavira - SC Farense (POR). UCI Continental
2024 AP Hotels & Resorts - Tavira - SC Farense (POR). UCI Continental
