
SAÚDAS

SAÚDO DO DEPUTADO DE DEPORTES
DEPUTACIÓN DE LUGO,
EFRÁN CASTRO
Un ano máis a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo renova o apoio para que a Volta a Galicia percorra a xeografía lucense.
A nosa aposta polo ciclismo facémola co convencemento de que esta discipliña que aglutina, como poucas, os valores e sacrificios tradicionais do deporte, a beleza e a posibilidade da promoción turística dos territorios en que se disputa.
Este ano a sede lucense da Volta será o concello de Taboada, situado nun dos lugares máis icónicos e singulares da provincia como é a Ribeira Sacra. As persoas que se acheguen a desfrutardo ciclismo de máximo nivel poderán gozar tamén das súas espectaculares paisaxes e da súa tradición vitivinícola.
A etapa que propoñemos para Lugo sen dúbida vai ter pegada na clasificación xeral da Volta. Trátase dun percorrido “rompepernas” con saída en Taboada e paso polos concellos de Monterroso, Portomarín, Paradela, Sarria, O Incio, Bóveda, A Pobra de Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao e Chantada, que concluíra cun tramo final coa dureza suficiente para animar aos ciclistas a tentar marcar diferenzas na xeral antes de cruzar a liña de meta, de novo, en Taboada.
Só me resta desexar aos participantes e ao público que desfruten desta nova edición
da Volta e de todo e que poden ofrecer as comarcas de Lugo.