top of page

SAÚDAS

1649782174916.jpg

SAÚDO DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE,
MANUEL BALTAR

É unha ledicia ter a Ourense como centro dunha etapa da vixésima edición da Volta Ciclista a Galicia, proba clásica no calendario dun deporte que ten nesta provincia un fiel aliado. Porque a aposta da Deputación de Ourense polo ciclismo -e ampliando, a nosa aposta polo deporte- é total. Nos últimos anos temos realizado unha estratexia para consolidar o ecosistema deportivo de Ourense, converténdoa en epicentro das competicións de máis alto nivel mentres, en paralelo, afondábamos na relación entre o deporte e o turismo, un binomio que favorece a nosa competitividade e dinamismo.


Este plan de traballo provincial ten requirido financiamento, colaboración co resto de administracións públicas e o sector privado, diálogo coas entidades deportivas, continuas melloras das infraestruturas e o completo aproveitamento de ferramentas coma a Alta Velocidade. Os froitos son ben visibles: nos últimos meses, esta provincia acolleu probas de referencia a nivel nacional e internacional de remo, piragüismo, hockey, atletismo, fútbol sala, ximnasia rítmica, baloncesto ou ciclismo, cunha etapa do Gran Camiño e agora esta Volta á Galicia.


O ciclismo para Ourense é estratéxico pola súa capacidade para fomentar a vida saudable, promocionar o mellor do noso territorio e tamén polo seu retorno económico.


Fitos como contar con regularidade nas estradas ourensás á La Vuelta axuda a terminar de comprender os múltiples potenciais dun deporte que coidamos cunha fluída relación coa federacións, patrocinadores e as escolas deportivas que observan a lendas como Raúl Rey e novas realidades como Carlos Canal.


Non teño ningunha dúbida que esta Volta a Galicia será formidable e que esa terceira etapa, con saída e chegada en Manzaneda, marcará diferenzas entre os favoritos cun perfil protagonizado pola esixente subida final á estación de montaña, un símbolo da provincia de Ourense que xa ten acollido competicións do nivel da Ceratizit Challenge by La Vuelta.

 

Parabéns á organización da Volta Ciclista a Galicia polo seu traballo e moitos éxitos.

bottom of page