
SAÚDAS
.jpg)
SAÚDA DO ALCALDE DE POIO, LUCIANO SOBRAL FERNÁNDEZ, VOLTA GALICIA 2022
Por primeira vez a volta ciclista de Galicia protagonizará unha etapa no noso Concello.
Toda a veciñanza estamos orgullosos de poder ser anfitrións desta volta e poder gozar
dunha etapa que albergará o noso Concello.
Como Alcalde á un orgullo poder fomentar a práctica do ciclismo e impulsar valores de
equipo e superación que transmite este deporte.
Poio é un gran amante deste deporte, podemos aprecialo nos clubs que practican este
deporte a nivel afeccionado e de alta competición así como no potencial das escolas
onde o ciclismos é un deporte referente.
Quero aproveitar esta oportunidade para, desde o concello, facer a nosa homenaxe á
memoria de Magín Froiz, gran impulsor deste deporte e que sempre colaborou co noso
tecido deportivo.
Agradecer á Federación galega de ciclismo que fixera unha aporta firme por Poio como
saída da volta ciclista e desexar que esta proba convértase nun referente dentro e fora
da nosa vila.
Luciano Sobral Fernández
Alcalde de Poio