top of page

SAÚDAS

023401ef712590b87e6b7a8df044f66e.jpg

SAÚDA DO ALCALDE DE TABOADA, RAMIRO MOURE, VOLTA GALICIA 2022

Este 2022, Taboada ten o privilexio de ser saída e chegada da segunda etapa da XX Volta Ciclista a Galicia o vindeiro 16 de setembro o que serà etapa mais longa con 163 Km..


Como Alcalde do Concello, e en nome dos veciños e veciñas, quero dar a benvida a toda a gran familia que forma a caravana deste evento deportivo, referente a nivel estatal, esperando que os quilómetros finais da etapa nos fagan vivir un día espectacular para o ciclismo.


Dende a porta de entrada a Ribeira Sacra, queremos aproveitar esta oportunidade para dar a coñecer a nosa riqueza medioambiental, paisaxística, e patrimonial, coa nosa ruta do románico, e de productos do noso Concello. Espero que os visitantes que recibamos ese día gocen da variedade e riqueza da nosa hostalería e da hospitalidade
dos meus veciños e veciñas.


Ser saída e chegada dunha etapa é un orgullo para min e para o concello ao que represento, xa que converte a este concello rural no epicentro dunha proba deportiva de primeira orde.


Sorte e ànimo para os participantes. Grazas a todas as persoas que de dunha ou outra maneira fan posible este evento, dende a responsabilidade política da entidade provincial, na persoa da Vicepresidencia 1a da Deputacion de Lugo, ata cada unha das persoas voluntarias que colaborarán para organizaciòn sexa un éxito.


Non me queda máis que agradecer aos organizadores por elixir ao Concello de Taboada para ser a saída e chegada desta segunda etapa da XX Volta Ciclista a Galicia.


Vémonos en Taboada!

 

bottom of page